O comercio alaricano liquida o stock de verán

undefined
photo_camera Sira Domarco, María López, e Silvia Dobarro.
Será en Allariz é oportunidade, un evento con importantes descontos e sorteos para os compradores que se celebrará os vindeiros 28 e 29 de agosto,

O comercio alaricano poñerá o broche de ouro a unha boa campaña de verán na vila cunha nova entrega de Allariz é oportunidade, un evento con importantes descontos e sorteos para os compradores que, durante os vindeiros 28 e 29 de agosto, se acheguen ata os 11 establecementos participantes: Sneakers 2, Sira Domarco, Xoaniña, Gallery 66 Muller, Gallery 66 Home, Anxiños, Trapiños Home e Muller, Maruxairas, Aira das Letras, Mara Collections, e Calzados Costa. Todos os clientes que merquen durante estes tres días entrarán nun sorteo de tres talóns con vales para mercar nos establecementos que participan na feira. 

María López, Concelleira de Promoción Económica, quixo agradecer ás persoas que conforman ó sector “a súa implicación e compromiso” durante estes complexos momentos. Así mesmo, resaltou “o valor e a responsabilidade que compartimos no cometido de lograr facer de Allariz un lugar atractivo para vivir e para visitar” e destacou a importancia de “valorar o noso comercio coma a primeira opción de compra”.

Te puede interesar