CONCELLO

O Concello de Allariz abre nova web e incorpora a sede electrónica

<p></p>
photo_camera Francisco García e Francisco Javier Feijóo, durante a presentación da nova páxina web.

O goberno municipal enmarca estes cambios no obxectivo de "transmitir unha maior transparencia"

Allariz "conta cunha nova ferramenta para favorecer, a través das novas tecnoloxías, a transparencia e o acceso dos cidadáns ao Concello", segundo expuso o alcalde, Francisco García. Éste explicou onte a posta en marcha da administración electrónica no Concello alaricano coa reformulación da páxina web e a incorporación das novas tecnoloxías para impulsar a transparencia e divulgar os atractivos do concello.

Francisco Javier Feijóo, responsable da empresa que desenvolveu a parte técnica desta iniciativa, lembrou que a páxina web de Allariz data de 1997, modernizouse no 2001 e hoxe en día atopábase moi desfasada. Sinalou que Allariz xera moita actividade nas redes e puxo como dato que ten 6.700 seguidores en Facebook, "casi máis que habitantes, o que significa que Allariz interesa, e a nova web tenta de respostar a esa demanda de comunicación e axustarse ó perfil dos usuarios".

A web Allariz.gal está centrada en tres áreas: os servizos administrativos, a área de comunicación e o turismo, aínda que está última aínda se atopa en construcción. O ámbito dos servizos administrativos está orientado a que os veciños coñezan a organización municipal ao tempo que abre canles de conexión co Concello. Francisco García puxo de manifesto que a sede electrónica é un reto para a administración. "As comunicacións coas administracións públicas se fan a través da sede electrónica e todos os expedientes que o concello tramita se poderán facer a través deste soporte", o que supón a eliminación do papel. Veciños e empresas poderán utilizar este medio para facer calquer trámite, fomentarse a transparencia e toda a información económica do Concello estará disposición dos cidadáns en tempo real, segundo asegurou Francisco García.

A posta en marcha deste soporte non tivo custe algún para o Concello, que deberá abonar 539 euros ao mes polo seu mantemento. "Nestes momentos o Concello está en condicións de que todo expediente, informe ou trámite se poida facer a través do móvil", asegurou o alcalde alaricano, Francisco García, quen amosou o seu agradecemento á empresa que puxo en marcha o servizo e o esforzo que fixeron os funcionarios para asumir este modelo.

Te puede interesar