O Concello de Allariz realizou o sorteo de Caldo de Gloria

Ticket de consumición de Caldo de Gloria.
photo_camera Ticket de consumición de Caldo de Gloria.
A exposición sobre o Herbario de Rosalía, que citou na súa obra preto de 150 plantas e flores, estará aberta ata o 8 de marzo

O Concello de Allariz deu a coñecer o gañador do sorteo de Caldo de Gloria con motivo do Día de Rosalía. A área de Promoción Económica colaborou coa hostalería de Allariz para iste sorteo. A persoa gañadora resultou ser o número 126, Carlos, que consumiu Caldo de Gloria no Hostal Alarico. O gañador terá como premio unha visita a Casa de Rosalía e unha noite de hotel para dúas persoas en Padrón.

Dende o 23 ao 25 de febreiro, nos 12 establecementos participantes, serviron este prato que a propia Rosalía describía no poema “Miña casiña, meu lar”, no que explica como facer un caldo humilde. Os establecementos participantes estiveron identificados cun vinilo que indica que “Aquí hai caldo de gloria”.

Tanto os establecementos participantes como o CEIP Padre Feijoo contaron (grazas a fundación Rosalía de Castro) con manteis de papel individuais co poema de Rosalía.

A maiores, Allariz conta cunha exposición sobre o Herbario de Rosalía, que a escritora citou na súa obra con preto de 150 plantas e flores. A exposición estará aberta ao público ata o 8 de marzo.

Te puede interesar