VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Maceda pon en marcha un programa de prevención da violencia de xénero nos centros educativos

O programa ten como obxectivo a toma de conciencia da socialización diferencial, a violencia de xénero nas súas diversas manifestacións e os mitos do amor romántico

O Concello de Maceda, a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha un programa de actividades dirixidas ao alumnado dos centros educativos da localidade, de cara á promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

No CEIP de Maceda estase a desenvolver un obradoiro de “Música sen violencia” dirixido ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria e impartido por unha educadora social, que parte da na análise de cancións co obxectivo de fomentar a conciencia crítica cara ás mensaxes sexistas e violentas que se transmiten a través de algunhas das súas letras.

No IES San Mamede estase a levar a cabo un Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero dirixido ao alumnado de 4º de ESO e impartido pola psicóloga do Centro de Información á Muller, que ten como obxectivo facilitar a toma de conciencia da socialización diferencial entre mulleres e homes, a violencia de xénero nas súas diversas manifestacións e os mitos do amor romántico, fomentando a conciencia crítica e a implicación activa e favorecendo o establecemento de relacións de parella sas, basadas na igualdade e o respecto mutuo.

Te puede interesar