Allariz

O Concello prevé o arranxo da fonte do Campo da Barreira en Allariz

Allariz

O Concello prevé o arranxo da fonte do Campo da Barreira en Allariz

IMG_5506
photo_camera A fonte da Barreira nunha imaxe recente. (Paula Palomanes)
Esta construcción é un dos símbolos da vila alaricana e foi realizada por Miguel Ferro Caaveiro no ano 1783. 

A emblemática fonte ubicada no Campo da Barreira de Allariz non está en funcionamento dende o pasado verán, tal e como precisou esta mesma semana o responsable da área de Medioambiente e Servizos, Bernardo Varela. "Perdía moita auga e coa seca que tiñamos non podía ser", explicou o concelleiro deste municipio. 

O motivo esgrimido polo edil alaricano responde a un problema vencellado á acometida da auga e á súa importante perda neste senso. Dende o Concello de Allariz prevén unha intervención de grande envergadura neste caso: "hai que acometer bastante obra para recuperala", asegurou Varela. 

O problema agudízase durante os meses de inverno, pois se as precipitacións son continuas e prolongadas e, ademais, hai moito vento, prodúcense grandes encharcamentos ao redor da propia fonte. "De cara ao verán tentaremos que esté", adiantou o edil de Medioambiente e Servizos. 

A fonte da Barreira é un dos símbolos da vila, e foi construida por Miguel Ferro Caaveiro no ano 1783.