Continúan en Allariz as actividades da Semana dos Maiores

Charla obradoiro con Mónica Santos Rivas.
photo_camera Charla obradoiro con Mónica Santos Rivas.

A área de Benestar Social do Concello de Allariz puxo en marcha unha nova edición da Semana dos Maiores. Trátase dunha iniciativa que busca integrar ás peroas da terceira idade, implicándoas no tecido social e cultural.

O luns, a actividade centrouse na saúde física e a contorna. O Fogar dos Maiores da vila preparou un roteiro no que os participantes poideron exercitarse e percorrer unha ruta privilexiada como a do Roteiro da Padela.

Onte, a poboación sénior de Allariz  gozou tamén dunha charla baixo o título “Soidade… Boa ou mala compañía?”. Esta actividade estivo conducida pola psicóloga clínica do CHUO, Mónica Santos Rivas. Unha charla coloquio para abordar cuestións tan sensibles como a soidade, debatendo sobre se se trata ou non dunha nova compañía. 

O xoves, unha saída cultural para coñecer Astorga, e o venres a presentación do proxecto “A memoria das aldeas”.

Para participar en estas actividades solo es necesario inscribirse en [email protected] .

Te puede interesar