Convocada a sétima edición do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica

A obra gañadora será premiada con 3.000 euros e tamén coa publicación do libro: A Fundación Vicente Risco será a encargada da súa edición e publicación mediante o seu selo editorial.

A Fundación Vicente Risco de Allariz acaba de convocar, en colaboración coa Deputación de Ourense, a Libraría Aira das Letras, a Pastelería Fina Rei, a Livraria Traga-mundos e a libraría Punto e Coma a sétima edición do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. O obxectivo é promocionar e homenaxear a figura do escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández.

O prazo para presentar as propostas na Fundación Vicente Risco de Allariz rematará o vindeiro 28 de febreiro e, neste senso, o concurso estará aberto a calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega ou portuguesa, cunha extensión mínima de 150.000 caracteres con espazos e máxima de 600.000.

A obra gañadora será premiada con 3.000 euros e tamén coa publicación do libro: A Fundación Vicente Risco será a encargada da súa edición e publicación mediante o seu selo editorial.

O fallo do xurado terá lugar en Allariz, na sede da Fundación Vicente Risco, durante o mes de maio de 2022, e será publicado nas redes sociais da mesma fundación -Facebook, Twitter e Instagram-. 

Os orixinais que non resulten premiados serán devoltos aos seus autores e autoras no caso de que o soliciten por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do xurado.

Te puede interesar