allariz

Un curso de verán analiza os potenciais da paisaxe

os participantes terán a posibilidade de formular proxectos nos que a paisaxe sirva como motor de reactivación da economía local, co fin de poñer en valor o territorio

O vindeiro luns comezará o curso de verán "Paisaxes en narración", unha proposta organizada en colaboracion entre o Concello de Allariz, a Universidade de Santiago de Compostela e a fundación Juana de Vega. O programa formativo prolongarase ata finais deste mes e terá como principais escenarios das súas sesións os xacementos arqueolóxicos de Armeá e Santa Mariña de Augas Santas. Alí, os participantes terán a posibilidade de formular proxectos nos que a paisaxe sirva como motor de reactivación da economía local, co fin de poñer en valor o territorio. 

O obxectivo deste curso de extensión universitaria pasa por rexistrar os elementos que definen os rasgos de identidade dun lugar partindo da análise do territorio, das súas características e do recoñecemento dos significados outorgados pola comunidade a cada espazo. Serán tres días de sesións formativas nas que participarán catedráticos de Xeografía, profesores de Xeoloxía, arquitectos ou escritores, abordando cuestións como os Camiños de Santiago ou os símbolos territoriais, entre outros.

Te puede interesar