ACTIVIDADES

Os escolares de Allariz elaboran o seu propio compost

compost1_result
photo_camera Os escolares reciben explicacións sobre as características e compoñentes do compost que elaboraron.

Durante un ano recolleron as sobras da comida para depositalas en contedores situados no patio

Os alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria Padre Feijóo de Allariz están a elaborar o seu propio compost co que están a crear un xardín no patio do centro. A iniciativa está incluídano proxecto "A integración da conservación do medio ambiente no ensino" e que puxeron en marcha no curso 2015-2016, coa colaboración da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega).

Segundo explica o director do centro Javier Fernández, con esta iniciativa, "búscase que os alumnos tomen conciencia sobre a importancia de preservar o medio ambiente a través da súa acción". E entre as actividades realizadas destaca a elaboración de composteiros por parte dos alumnos. Durante o curso pasado e o actual, os rapaces de Primaria depositaron nos contedores situados no patio material orgánico procedente dos restos de alimentos que consumen, ben no comedor escolar ou no recreo. O compost que foron elaborando  foi retirado dos composteiros o pasado luns. 

Ao longo dese día os escolares poideron analizar o resaltado da tarefa que desenvolveron durante este ano e pico. Co asesoramento dunha técnica da asociación Adega, os rapaces  estiveron analizando o compost e buscaron, clasificaron e estudaron os diferentes tipos de insectos que actúan como descompoñedores.

Outro obxectivo do proyecto era  que o compost elaborado por eles mesmos servira para crear un pequeno xardín no patio do colexio, nun espazo separado da zona de xogos por unha pequena valla de madeira. As escolares procederon a plantar flores en tiestos, maceteiros e parterres, cuxa base é o compost elaborado por eles mesmos. O Concello de Allariz colaborou con esta iniciativa aportando a terra vexetal necesaria para mezclar co compost retirado como abono. Os propios rapaces fixeron a mistura e procederon a plantar rododentros, azaleas, hortensias, romero, tomillo, rosais, mentas, fresas e outras variedades para o seu xardín.

Te puede interesar