O escritor Xosé Lema visitou a casa de Risco

Xosé Antón Martiñán, Xosé Lema e Luis Martínez-Risco. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
A Fundación Vicente Risco continúa coa súa intensa programación cultural na vila do Arnoia. O venres, a sede da rúa San Lorenzo, acolleu a presentación do último libro de Xosé María Lema 'Costa do Solpor'. Unha novela, finalista dos premios Xerais, na cal o autor recrea, a través de preto de 700 páxinas, unha historia de aventuras e suspense ambientada no século XVIII.
Onte o turno foi para a música co recital de Narf, acompañado de Marcos Teira, no Acea da Costa. O concerto forma parte da programación 'Música con Risco' que organizan a fundación e empresarios e comerciantes da vila.

Te puede interesar