A Fundación Risco analizou o papel da muller no XIX

<p></p>
photo_camera Natalia Pérez Rivas, nun momento da sua intervención na xornada.

As sétimas xornadas sobre a figura de Romasanta desenroláronse na vila alaricana 

A muller nos tempos nos que viviu Romasanta foi no día de onte a protagonista da sétima edición das xornadas que cada mes de outubro organiza a Fundación Vicente Risco na vila de Allariz, co lobishome galego como xerme e vencello das mesmas.

Carme Adán Villamarín e Natalia Pérez Rivas foron as protagonistas do encontro, con senllos relatorios sobre "Romasanta e a xerarquía de xénero" e "O tratamento penal da muller non século XIX", respectivamente.

No transcurso das xornadas, nas que colabora a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, o Arquivo Castro Vicente, Urco Editora e a librería Aira das Letras, presentouse a segunda serie de relatos curtos "Romasanta, o criminal", que recolle as conclusións dos encontros da edición anterior.

Logo de centrarse nas xornadas inaugurais na figura de Manuel Blanco, dende hai tres anos as charlas pretenden ir máis alá e coñecer a sociedade na que viviu o lobishome. No 2015 foi o turno do estudo das garantías xurídicas nas que foi xulgado, no 2016 analizouse a súa condición de reo e neste 2017 foi a muller de finais do século XIX da que se falou.

Ó longo do día de onte, como así explicou Luis Martínez Risco, quedou evidenciado que "aínda queda moito que avanzar na sociedade actual no que ao trato da muller se refire, si se deu un paso cara adiante en moitos ámbitos pero é triste comprobar como aínda queda quen é capaz de xustificar unha violación por levar minifalda, como así quedou acreditado nestas charlas", aseverou. Tamén estiveron presentes, ademáis das figuras convidadas para as xornadas, os autores dos relatos presentados, Beni Fernández e Inma Pedreira.

Xulgado en Allariz

Manuel Branco, "Romasanta", veciño de Esgos xulgado en Allariz en 1853, foi condenado pola morte de trece persoas, asasinatos todos eles que declarou realizar transformado en home lobo, no marco dun caso que chegou a suscitar o interese da raíña Isabel II.

Na súa defensa alegou que a súa conduta respondía a un instinto fatal que o levaba a cometer crimes ao converterse en lobo. Foi detido en Castela e encarcerado en Allariz en 1852, autoinculpouse do asasinato de varias persoas, perpetrados segundo el, cando se transformaba. Posteriormente probouse que algunha das súas vítimas foi atacada por lobos auténticos. Os corpos de outras non apareceron.

Te puede interesar