Conmemoración do nacemento

Homenaxe en Allariz á memoria de Rosalía de Castro

Os concelleiros Alberto Conde (a esquerda) e María López (no medio), ca hostelería participante.
photo_camera Os concelleiros Alberto Conde (a esquerda) e María López (no medio), ca hostelería participante.
Entre as actividades da homenaxe de Allariz está a degustación do afamado “caldo de gloria” 

Allariz desenvolverá un ano máis un programa de actividades coincidindo co nacemento de Rosalía de Castro. Os eventos conmemoran o día 23 de febreiro de 1837, data de nacemento da escritora gallega. 

Para conmemorar a efeméride o Concello de Allariz puxo en marcha unha serie de iniciativas que xa se están a desenvolver e que rematarán o 8 de marzo. 

O programa comezou coa apertura dunha exposición sobre o Herbario de Rosalía, na que a escritora citou na súa obra preto de 150 plantas e flores. A área de Cultura montou unha exposición sobre este herbario que estará aberta ao público ata o 8 de marzo. A Casa da Cultura acollerá esta exposición, en horario de 09,00 horas ás 14,00 horas e de 16,00 horas ás 18,30 horas, de luns a venres. 

Dende o 23 ao 25 de febreiro, doce establecementos participantes servirán o prato “caldo de gloria”, que a propia Rosalía describía no poema “Miña casiña, meu lar”, no que explica como facer un caldo humilde. Os establecementos participantes estarán identificados cun vinilo que indica que “Aquí hai caldo de gloria”. Todas as persoas que consuman este prato durante estes tres días, poderán participar no sorteo dunha fin de semana en Padrón, para coñecer a Casa de Rosalía. 

Para participar neste sorteo, as persoas consumidoras deberán escanear un código QR que atoparán nos establecementos participantes. Deberán incluír os seus datos e unha foto do ticket de consumición. O CEIP Padre Feijoo de Allariz incluirá o prato no seu menú do 23 de febreiro.

Os establecementos participantes como o CEIP Padre Feijoo contarán con manteis de papel individuais co poema de Rosalía.

Te puede interesar