O antigo camiño a Casa dos Lomberte deu o nome a unha finca municipal que, grazas á labor dunha veintena de alumnos do curso de Aptitude Empresarial, permitirá por en marcha en Allariz a primeira horta urbana.

Unha horta no centro da vila

Parte do alumnado do curso de Aptitude Agraria que Avinza está a impartir en Allariz. (Foto: MARCOS ATRIO)
Xóvenes e mulleres desempregados de Allariz, A Bola, Maceda ou Xunqueira de Ambía son algúns dos protagonistas dos cursos que, a asociación comarcal Avinza, está a desenvolver neste ano 2012 nos diferentes concellos que abarcan o seu territorio co obxectivo de formar aos veciños en paro e ampliar as posibilidades laborais para desenvolver o seu proxecto vital e profesional no medio rural. 'A aposta pola terra e os productos ecolóxicos, a iniciación a apicultura ou como sacar partido ao cultivo dos castiñeiros permiten aos desempregados ampliar ous seus coñecementos e aplicarlos, si cabe, na horta ou finca da casa familiar', apunta
'A aposta pola terra e os productos ecolóxicos, a iniciación a apicultura ou como sacar partido ao cultivo dos castiñeiros permiten aos desempregados ampliar ous seus coñecementos e aplicarlos, si cabe, na horta ou finca da casa familiar', apunta Eva González, xerente da Asociación Avinza, que estes días está a traballar en novos cursos de cestería en Paderne de Allariz.

Unha das últimas iniciativas de Avinza, un curso de Aptitude Empresarial Agrícola homologado pola Xunta, permitiu a unha veintena de persoas recuperar como horta unha antiga finca da vila do Arnoia no camiño da Casa Lomberte. O alumnado descubriu os segredos das técnicas agrícolas, cómo facer semilleiros, controlar os nutrientes ou distribuir o uso da terra. 'Antes sabían máis sobre os cultivos, atendían ao tempo e a sazón da terra', coincidían Rosa Conde e Digna Pérez, dous alumnas da asociación Avinza, quenes lamentaban como o minifundismo que durante anos practicuose na provincia 'condenou', en parte, o futuro agrícola na zona. Animada pola súa vertente 'ecolóxica' anotouse ao curso Maite Fernández, aínda que despois das primeiras sesións, 'quedei sorprendida pola importancia de facer unha boa planificación e un correcto tratamento do solo'.


XERMEN DUNHA COOPERATIVA

Entre bancal e bancal no Cabazal da Casa Lomberte, o nome co cal os alumnos bautizaron a finca municipal, os agricultores noveis son testigos de como medran os tomates, pementos, leitugas e unha selecta coleción de herbas aromáticas que prantaron como ornamento para o peche da finca. Rematada a actividade, engadía González, 'o obxectivo é que esta finca quede, co permiso do Concello de Allariz que é o seu propietario, como unha horta urbana onde os veciños poidan cultivar verduras e hortalizas'.

Máis alá da finca comunal, o curso que se prolongou durante o primer semestre do ano, puso o xermen dunha futura cooperativa que poida dar traballo os seus membros. 'Sería interesante que, deste curso, poidera sair un grupo de persoas interesadas en por en marcha unha asociación ou cooperativa', recoñecía Ana de Jesús, unha das alumnas máis xoven.

Te puede interesar