Juan Carlos Troitiña: “Destacaría dos 25 anos o benestar, comodidade e bo trato coa xente”

O director da Coral, Juan Carlos Troitiña Mota.
photo_camera O director da Coral, Juan Carlos Troitiña Mota.
Juan Carlos Troitiña Mota é o director da Coral Ansuiña de Baños de Molgas

Juan Carlos Troitiña Mota  é o director da Coral Ansuiña de Baños de Molgas e mañá van facer un Concerto de Nadal con María do Ceo, cantante de fado portuguesa, na Igrexa de Molgas, ás 17,30 horas. Tamén con iste concerto cerraranse os actos da súa celebración por cumplir 25 anos como director da Coral.

O Concerto de Nadal de Baños de Molgas como é de especial para vostede?

Iste concerto o facemos todos os anos polo Nadal no Concello de Baños de Molgas. Iste ano é un pouquiño máis especial para min, porque eu fago 25 anos como director da Coral. 

Como comezou sendo director da Coral?

Eu son músico, percusionista, e estiven na Banda de Ourense ata que desapareceu. Na Coral Ansuiña de Baños de Molgas comecei cando necesitaban un director e chamáronme da Deputación para ver se podía ir por alí. Fun ata alí e fixen unha entrevista co alcalde que había de entonces, máis os compoñentes da Coral. Foi así como comecei a ser director da Coral, no ano 1998.

Ten pensado seguir moitos anos na Coral Ansuiña de Baños de Molgas?

Sí, de momento teño pensado seguir ata que o grupo aguante. Vai indo un pouquiño a menos, estamos nunha época de baixón polo tema da pandemia. Afectou moito, a todas as corais, incluso a directores doutras. Intentarei seguir moito tempo, ata que se poda.

Que actuacións importantes tivo ao longo distes anos?

Tivemos varias actuacións no Teatro Principal de Ourense, cantamos no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo e tamén participamos na Catedral de Oviedo. 

Que destacaría destos 25 anos?

Levo 25 anos dirixindo a Coral e nunca me amargou ter que ir a Baños de Molgas. Sempre me trataron de maravilla. Destacaría dos 25 anos o benestar, comodidade e bo trato coa xente. Aprendes como facerlle ver a xente como hai que cantar as cancións, colocacións de voces, o trato coa xente. Eu traballo moito o trato psicolóxico coa xente, non só de cousas refrexadas hacia a Coral, senón a vida diaria.

Te puede interesar