Maceda da por finalizada a Ludoteca e a Acollida de verán

IMG-20210909-WA0038
photo_camera Un dos grupos participantes cos seus diplomas.
En horario de mañá, os nenos -que se dividiron en dous grupos diferenciados para garantir a súa seguridade- realizaron diferentes actividades lúdicas e educativas que os axudaron a manterse activos durante o periodo de descanso. 

Un total de 40 rapaces e rapazas de 4 a 12 anos remataron a súa participación no tanto na Ludoteca de verán de Maceda, como no programa Acollida de Verán do mesmo municipio. En horario de mañá, os nenos -que se dividiron en dous grupos diferenciados para garantir a súa seguridade- realizaron diferentes actividades lúdicas e educativas que os axudaron a manterse activos durante o periodo de descanso. 

A concelleira de Servizos Sociais, Ana María Rodríguez Blanco, explicou que “a conciliación, o lecer e tamén o establecemento de relacións socioafectivas conforman a finalidade destes servizos do Concello de Maceda”. A responsable desta área quixo agradecer “a todas as familias, aos nenos e nenas, e a todas as monitoras que participaron, o bo ambiente e a experiencia agradable”. O GES tamén colaborou con estas iniciativas.

Te puede interesar