Maceda premia mercar nos seus comercios locais

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio” chega hoxe a Maceda.
photo_camera A campaña “Mercar no teu comercio ten premio” chega hoxe a Maceda.
A campaña “Mercar no teu comercio ten premio” terá lugar hoxe, ás 20,00 horas, na Praza Benigno Álvarez de Maceda

Pódense canxear os tickets das compras realizadas ata hoxe, por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 4 de 100 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación, Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do Concello de Maceda.

O sorteo contará coa presencia da presidenta da Federación de Comercio de Ourense, e representantes do Concello de Maceda.

Te puede interesar