Maceda programa un Nadal con moito deporte e música

Concello de Maceda.
photo_camera Concello de Maceda.
O Nadal de Maceda prepárase para vivir outro ano máis cheo de actividades

O Concello presentou a programación do Nadal 2023 que contará coa segunda edición do concurso de decoración polo Nadal do 23 de decembro ó 7 de xaneiro.

Este sábado terá lugar o campionato de ximnasia rítmica en horario de 19,00 horas a 21,00 horas. Ademais, do 22 de decembro ao 7 de xaneiro terá lugar a Duendelandia no Pavillón Virxe Milagrosa de Maceda, de 09,30 horas a 13,30 horas, como ludoteca, e de 16,30 horas a 20,30 horas, como parque infantil de ocio.

Do 22 ao 23 de decembro, Torneo Maratón Fútbol-Sala, comezando o venres 22 ás 21,00 horas e rematando o sábado 23 ás 19,00 horas. O XVI Ciclocross Castelo de Maceda comezará ás 11,00 horas nos arredores do Castelo. A maiores, a Praza Benigno Álvarez recibirá a visita de Papá Noel ás 18,00 horas.

Terá lugar a segunda edición do concurso de decoración polo nadal do 23 de decembro ó 7 de xaneiro de 2024

O 24, será o Apalpador quen visite a vila, cun percorrido polos locais de hostalería de Maceda e a Residencia Nosa Señora das Neves. O 25, terá lugar o tradicional concerto de Nadal na Igrexa das Neves, ofrecido por Os do Fuelle e a Coral Polifónica Albricias de Maceda.

O 27, Mini Basket Torneo no Pavillón Municipal e o 28, viaxe a Pazolandia e recital navideño, cos alumnos da Escola de Música, ás 19,00 horas, en O Recuncho. O 29, terá lugar a actuación do Mago Deimi na Librería  Alicia. Tamén haberá fútbol sala prebenxamín, ás 18,00 horas, no Pavillón Municipal. Do 29 ao 5 de xaneiro, Torneo de ping pong e Torneo de Pádel no Pavillón Municipal.

O 30, mesa redonda con “Aportacións Francisco Carballo”, ás 12,30 horas, na Biblioteca Municipal. Tamén haberá teatro, con  “O Bar da Milucha”, ás 17,30 horas no Salón de actos do Concello. O 31, a segunda edición da carreira San Silvestre na Praza das Toldas. E para rematar, o 5 de xaneiro, a Cabalgata dos Reis, dende o Parque Francisco Carballo ata o Pavillón Virxe Milagrosa.

Te puede interesar