Melloras para a estrada de Paderne de Allariz a Esgos

Reunión de Manuel Pérez con Luis Menor na Deputación.
photo_camera Reunión de Manuel Pérez con Luis Menor na Deputación.

A Deputación de Ourense cooperará con Paderne de Allariz no impulso á área empresarial e na mellora da estrada provincial que comunica con Esgos. Así o indicou a propia institución provincial. O titular da corporación, Luis Menor, explicou que esta cooperación é un “investimento de máis de 200.000 euros para a estrada provincial que une este municipio con Esgos, pola gran importancia que ten para a mobilidade entre ambos municipios”. A maiores, Menor analizou co alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, o importe do plan de cooperación da Deputación (CooperOU) co concello, que ascende a máis de 163.000 euros. 

O presidente provincial, Luis Menor, explicou que “tamén brindaremos desde a Deputación a colaboración técnica necesaria para realizar os informes preceptivos para implantar en Paderne de Allariz unha área industrial”. A Deputación cooperará coa creación dunha nova área recreativa e de servizos no municipio na que tamén se implicará a Xunta, así como diversas colaboracións en  materia de cultura e deportes.

Te puede interesar