Novas vivendas de promoción pública, na rúa Irmandade de Allariz

241121 Entrega de Vivendas 2
photo_camera Gabriel Alén entregou as chaves ás novas inquilinas.
As vivendas -que teñen unha superficie útil de 51,28 metros cadrados e 50,46 metros cadrados, respectivamente; e constan de salón-comedor, cociña, un dormitorio, un baño, lavadoiro, vestíbulo e garaxe- foron adxudicadas en réxime de alugamento,

Novos inquilinos entrarán a ocupar dúas vivendas de promoción pública en Allariz, concretamente as ubicadas na rúa da Irmandade, onde se construiran no seu momento un total de 32. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, foi o encargado de facer a entrega das chaves este mesmo mércores en Ourense. 

As vivendas -que teñen unha superficie útil de 51,28 metros cadrados e 50,46 metros cadrados, respectivamente; e constan de salón-comedor, cociña, un dormitorio, un baño, lavadoiro, vestíbulo e garaxe- foron adxudicadas en réxime de alugamento, cun prezo que non pasará dos 100 euros ao mes,  sempre en función dos ingresos das persoas adxudicatarias.

O delegado territorial explicou durante o acto de entrega que as persoas beneficiarias xa poden facer uso das vivendas de inmediato e resaltou que esta actuación “é unha mostra máis do apoio que mantén o Goberno galego aos cidadáns para facilitar o acceso á vivenda”. 

O mecanismo para acceder a unha vivenda de promoción pública é a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (Rudevi). Neste senso, as solicitudes poden presentarse opcionalmente por medios electrónicos ou de xeito presencial a través de cita previa.

Segundo puntualizaron dende a Xunta de Galicia, ao longo do ano 2021 efectuáronse, incluíndo estas vivendas, 15 entregas en segundas ou posteriores adxudicacións.

Te puede interesar