As obras de Maceda, sen rematar despois dun ano

Xuntanza da asociación con representantes do Concello.
photo_camera Xuntanza da asociación con representantes do Concello.
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda tivo unha xuntanza con representantes do Concello coa finalidade de que se lles explicase a evolución das obras que están a padecer dende hai case un ano no centro da vila

“A situación non é a ideal e semella que o interese por rematar as obras da Xunta non é o mesmo que temos tanto comerciantes como veciños. O descontento é xeneralizado e as perdas económicas están a afogar a moitos dos nosos asociados”, comentan desde a asociación.

Ante esta decisión, un grupo de máis de 30 membros da asociación, decidiron por en marcha unha plataforma que torne visible este problema. As primeiras medidas van ser unha xuntanza cos veciños do pobo para que se adhiran á plataforma, a través dos medios de comunicación e redes sociais para por o problema no foco, e a convocatoria dunha manifestación na rúa en obras o día 6, ás 17,00 horas.

O descontento a día de hoxe entre os comerciantes é máximo e pensamos que o mesmo acontece entre os veciños”, comentan desde a asociación.

Te puede interesar