Óscar Doviso: "Semella que sempre hai motivos para o cabreo, e no RiR aliviamos iso"

undefined
photo_camera Óscar Doviso na xornada de presentación do Festival RiR en Allariz. (P.P.)
O Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz, o RiR, celebrará a súa quinta edición entre os vindeiros días 5 e o 10 de setembro. Este ano haberá dous días máis para disfrutar de toda a programación, unha reivindicación de moitos dos asistentes que solicitaban que as curtas e as actividades se  dilatasen no tempo para poder chegar, con calma, a todas elas. Ademais, celebrarase seguindo criterios de sustentabilidade, respeto ao medioambiente e co obxectivo de reducir o consumo de plásticos, entre outras medidas. O acceso será gratuito a todas as actividades, aínda que será necesario facer reserva de asento para a gala final, así como para a estrea da obra de teatro de Caldas e Mancho. 

O RiR chega á sua quinta edición, pandemia polo medio, ¿algunha vez pensou que sería imposible cumprir o lustro? 

Confiábamos plenamente, precisamente, porque  fomos quen de manternos durante dúas edicións na metade dunha pandemia. Non cabía outra posibilidade que non fose seguir. 

Logo dese periodo e ante o que semella un incremento xeneralizado dos estados de ansiedade e crispación, rir é máis preciso ca nunca. 

O humor sempre é preciso, en calquera circunstancia e a calquera persona sempre lle ven ben. Levamos uns cantos anos así: cando non é unha cousa é a outra… Semella, tamén, que sempre vai a haber un motivo para estar cabreado, e no RiR intentamos aliviar, con risas, esa sensación. Polo menos durante a semana na que se celebra o festival. 

Son 37 as curtas que van a concurso, ¿que destacaría desta selección?

Este ano a sección de animación vai mesturada coa de ficción. Hai curtas de moitísima calidade: tanto técnica, como artística. 

Cantas propostas recibiron en total?

Máis de 290. É unha cifra similar todos os anos. Hai que recordar que este é un festival temático, entón non se reciben tantas propostas como noutros máis xerais. 

Farán unha retrospectiva sobre Pedro Brandariz. 

Si. Era moi querido por todo o mundo. Sempre estaba disposto a achegar unha man. Eu tiven a sorte de traballar con el na curta “La metafísica del asesino” e a verdade é que era unha persoa encantadora. 

Por que Isabel Risco para o Premio RiR Contigo?

É unha muller que leva adicada ao mundo da comedia en galego e en diferentes formatos toda a vida. Era hora de premiala polo seu traballo, así como polo seu xeito de ser: divertida, cercana e encantadora. 

Nunha vila como Allariz, comprometida co coidado do medio, faltaba que tamén se implicase de xeito especial o RiR?

Si. Aí xogamos con vantaxe. En Allariz hai unha concienciación moi clara no eido da sustentabilidade e nos dan moitas facilidades. 

Que significa para vostede estar á fronte do RiR?

É motivador porque é un evento que xenera sorrisos e bo humor, pero hai moito traballo detrás.

Te puede interesar