Paderne contará cun novo centro de transformación
O Inorde acondicionarácon 250.000 euros a estación de Cantoña
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, converterá a antiga estación de tren de Cantoña, en Paderne de Allariz, nun centro de transformación de produtos do sector primario. Máis concretamente, os pequenos produtores e emprendedores do rural, cunha formación específica, poderán desenvolver a súa actividade transformadora en produtos de horta, froitas, verduras, cereais ou mel para comercializar, distribuír e promocionar o produto final no circuíto corto de comercialización.
Para avanzar nesta idea, o presidente da administración provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro coa xerente do Inorde, Emma González, onde acordaron o primeiro investimento: 250.000 euros para a fase inicial.
A iniciativa aspira a ser “unha ferramenta de innovación” para os pequenos produtores e emprendedores do rural ourensán, mediante a que se quere fomentar o desenvolvemento socioeconómico da provincia en base á produción de elevado valor engadido para circuítos comerciais de proximidade, permitindo identificar “novas actividades económicas” e “potenciar novos cultivos”.
Manuel Baltar matizou que “este proxecto aspira a converter a estación de tren -mantida polo Inorde dentro do convenio con ADIF- nunha planta de procesado dos nosos produtos, dentro dunha acción transformadora da economía produtiva da provincia”. A xerente do Inorde, Emma González, destacou o potencial transformador deste proxecto dentro do sector primario, unha liña de traballo clave contra a despoboación: “Este proxecto é unha actuación transformadora que pode contribuír á reagrarización e á posta en valor dos nosos produtos locais”.
Por medio da achega inicial rehabilitarase a vella estación de tren e recuperaranse terras para o cultivo que o goberno provincial ten na Finca de Antela, en Sandiás, na que se desenvolverá no futuro un programa de apoio a emprendedores, optando por cultivos que dinamicen a biodiversidade da terra. O equipamento da infraestrutura quedará para próximas etapas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Ramos
La verdadera dimensión de Zapatero más allá del Plus Ultra
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
El FMI reclama a España que acelere la consolidación fiscal
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 23 de mayo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 23 de mayo