Paderne sigue tramitando o seu novo parque empresarial

18,00 h.-            A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reunirase co alcalde de Paderne de Allariz. Na sala de xuntas.

foto xoán crespo
photo_camera Ángeles Vázquez, José Manuel Fernández y Manuel Pérez. (Xoán Crespo)
Xa se está a ultimar o documento definitivo que se someterá a avaliación ambiental para continuar coa tramitación do proxecto sectorial necesario para impulsar este parque industrial en base á nova Lei de áreas empresariais de Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández, mantiveron unha xuntanza de traballo na que abordaron diferentes cuestións de interese para a localidade, a máis importante, a tramitación do futuro parque empresarial de Paderne. Neste senso, xa se está a ultimar o documento definitivo que se someterá a avaliación ambiental para continuar coa tramitación do proxecto sectorial necesario para impulsar este parque industrial en base á nova Lei de áreas empresariais de Galicia.

Por outro lado, ambos representantes institucionais analizaron no seu encontro a opción de humanizar a contorna de Rioseco e dotala dunha área deportiva que inclúa unha piscina, así como outros servizos públicos.  Dende o Goberno galego aseguran que este tipo de actuacións enmárcanse nun “compromiso” do ente autonómico “de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

Te puede interesar