SERVICIOS

O PSOE pregunta sobre a oficina de obxectos perdidos de Allariz

Zaida Rodríguez pregunta sobre como funciona a devantida oficina e qué medidas existen nos servizos municipais que manexan cartos par evitar sucesos desta natureza

A concelleira do PSOE na corporación de Allariz, Zaida Rodríguez, rexistrou unha pregunta para o próxima sesión plenaria, na que se interesa pola situación e o funcionamento da oficina de obxectos perdidos. Xustifica a pregunta pola desaparición de 4.000 euros que se custodiaban na mesma, nova da que se deu conta nestes días pasados e que o Concello puxo en coñecemento da Garda Civil, para que abrira unha investigación.

Zaida Vázquez pregunta, polo tanto, se o Concello vai abrir unha investigación interna sobre o acontecido e depurar responsabilidades. Quere saber se coa denuncia presentada no cuartel da Garda Civil se da por rematado "este desagradable episodio" e qué medidas pensa tomar o alcalde para evitar que se repitan feitos como este. Entre outras cuestións, Zaida Rodríguez pregunta  sobre como funciona a devantida oficina  e qué medidas existen nos servizos municipais que manexan cartos par evitar sucesos desta natureza.

Te puede interesar