Ramón Nicolás analiza a amizade Del Riego-Risco en Allariz

Risco e Del Riego.
photo_camera Risco e Del Riego.

A sede da Fundación Vicente Risco de Allariz acollerá mañá, ás 20,00 horas, o acto “Vicente Risco e Fernández del Riego, unha amizade resistente fronte aos embates da historia”.

O profesor e crítico literario Ramón Nicolás, autor dunha monografía sobre Fernández del Riego, a quen se lle dedica este ano o Días das Letras Galegas, afondará nalgúns dos esteos que sostiveron o contacto de ambos os dous intelectuais, outorgándolle especial atención á exhumación dalgunhas mostras inéditas do epistolario que mantiveron durante moitos anos ambos pensadores e escritores, sendo altamente significativo aquel que se cruzan na época da Guerra Civil.

Concerto

A maiores, a Fundación Vicente Risco organiza este sábado, 7 de outubro, ás 20,00 horas, baixo a coordinación de Brais González, o terceiro concerto Neoartistiñas, correspondente ao IX Ciclo de Música de Cámara 2023 na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz.

Concerto que ten o título de Bórea “Alte Liebe” e que contará coa actuación de Julia Caro (Santiago de Compostela/Lucerna) e Clara Mascaró (Palma de Mallorca/Salzburg).

Te puede interesar