O reciclaxe de móbiles axuda ao ecosistema africano

O Concello de Allariz pon a disposición dos veciños un punto de reciclaxe de móbiles usados na Casa do Concello (Praza Maior, 1).
A entidade local colabora así coa campaña de reciclaxe de móbiles para protexer os ecosistemas africanos, impulsada polo Instituto Jane Goodall. Tal e como subliñan dende o consistorio alaricano, só un 5% dos móbiles se reciclan en España (uns 54.000.000 de liñas de teléfonos móbiles), sin percatarse que a explotación de coltán (un mineral usado nos móbiles, ordenadores e consolas) está no centro dos enfrontamentos que producen miles de víctimas e refuxiados na República Democrática do Congo. 'A minería ilegal destrúe ademais os hábitats de especies como os chimpancés e gorilas, en grave perigo de caza furtiva e a deforestación', engadían os técnicos locais.

Por tal motivo, o Concello de Allariz súmase á iniciativa de reutilización dos terminais telefónicos e reducir a insostible demanda dos seus compoñentes, reciclar elementos útiles e dispoñer adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio, ademais de recadar fondos para os plans de desenvolvemento, educación e conservación no Congo.

Os fondos recadados estarán destinados, entre outros, ó Santuario e Centro de recuperación de chimpancés de Tchimpounga, dirixido pola veterinaria galega Rebeca Atencia.

Te puede interesar