Rematan as exposicións da Fundación Vicente Risco de Allariz

Os intérpretes Cibrán García García e Anxo Gómez Piñeiro.
photo_camera Os intérpretes Cibrán García García e Anxo Gómez Piñeiro.
Continúa o Nadal de Allariz

A Fundación Vicente Risco de Allariz acolleu neste mes de Nadal unha interesante exposición froito do traballo colectivo de 24 “neoartistiñas”, denominación acuñada polo propio Risco para referirse a Xaime Quessada, Xosé Luis de Dios e  Acisclo Manzano, e que a fundación que actualmente preside Celia Porto busca impulsar e consolidar para aupar aos novos artistas.

Tras as tres primeiras actuacións, o ciclo pechouse o pasado venres 22 de decembro ás 20,00 horas con clase de violín da mestra Yulia Petrushevskaya e “A gran tradición románica” como cuarto Concerto do IX Ciclo de música de cámara. Cibrán García García e Anxo Gómez Piñeiro foron os intérpretes.

A actividade “Petiscos Musicais”, un ciclo anual de catro concertos deseñada no 2015 baixo a coordinación da profesora de piano Cristina Vázquez Canal, mudou este ano de nome e coordinación, estreándose no cargo o  pianista vigués Brais González baixo a denominación “Neoartistiñas”.

A exposición “Entreliñas”, que tamén tivo lugar neste mes, esta formada polos traballos feitos por unha vintena de alumnos de  primeiro e segundo curso de Ilustración da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense, entidade que fixo de enlace e estímulo entre os artistas e a fundación alaricana, con sede no número 3 da rúa San Lourenzo.

O obxectivo da Fundación Vicente Risco é ir máis alá dun mero museo que custodie e divulgue a obra do autor nado, senón se un punto de encontro e difusión para a cultura hoxe en día. Nesa liña organizáronse estas exposicións e actividades na Fundación Vicente Risco.

Te puede interesar