Saída de vía en Outeiro de Orraca, Allariz, sen danos persoais

IMG_8477
photo_camera Ata o lugar desprazaronse efectivos da Garda Civil e Protección Civil de Allariz.
Acudiron ao lugar Protección Civil de Allariz e a Garda Civil de Tráfico

Susto a primeira hora desta tarde na OU-320 (punto quilométrico 12) no termo de Outeiro de Orraca, en Allariz, logo dunha salida de vía dun turismo no que viaxaban catro ocupantes. 

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, pero o vehículo quedou prácticamente destrozado. 

Ata o lugar desprazouse Protección Civil de Allariz e a Garda Civil de Tráfico, que nestes intres aínda traballan no lugar do suceso. Non foi necesario prestar asistencia médica, xa que os catro viaxantes marcharon polo seu propio pé. 

Te puede interesar