O Samaín vivirase no sétimo “Allariz de Medo”

Cristina Cid e María López.
photo_camera Cristina Cid e María López.
“Allariz de Medo” desenvolverase na vila entre o 27 de outubro e o 1 de novembro

O Concello de Allariz celebrará a sétima edición do Allariz de Medo, coincidindo coa festividade de Samaín. Entre os días 27 de outubro e 1 de novembro, almas, bruxas e seres do máis alá serán os protagonistas en Allariz. O ambiente nas rúas enriquécese con varias animacións. 

  • Dende o 27 de outubro, Allariz recibirá a visita de almas, esqueletos e outros seres do máis alá que ocuparán as rúas durante seis días nas distintas ambientacións repartidas por seis puntos.
  • O sábado, día 28, as actividades comezarán ao redor das 19,30 horas, con actuacións do grupo Silvardeiras Teatro animando as rúas do casco histórico de Allariz. Ás 21,00 horas, a “Santa Compaña” chegará en procesión. Ás 23,00 horas, a “Festa de Medo” terá comezo na Praza Maior, a cargo da Discomóbil Apocalipsis.
  • O día 31 de outubro, o grupo Silvardeiras Teatro retornará ás rúas de Allariz ás 19:30 para máis animación. Ás 21:00, a “Santa Compaña” visitará as rúas de Allariz antes da noite dos defuntos. Ás 23,00 horas, a “Festa de Samaín - Noite dos Defuntos” a cargo de novo da Discomóbil Apocalipsis.

Te puede interesar