Los vecinos de Allariz critican el tráfico del barrio de Seixo

Sinal de prohibido a non residentes.
photo_camera Sinal de prohibido a non residentes.
Aseguran que se incumpre o sinal que prohibe entrar con vehículos aos non residentes.

Os veciños do barrio de O Seixo en Allariz critican o incumprimento de certas normas de circulación por parte das persoas que acuden ós adestramentos e ós partidos de fútbol.

“Non se respetan as rúas da urbanización, saltándose sinais de prohibido o paso agás residentes, e pondo en risco a vida dos nenos e persoas adultas que viven alí”, explica Inma, veciña do barrio de O Seixo.

“Os vehículos dos xogadores e afeccionados pasan por dirección prohibida a gran velocidade, aparcan en dobre fila e córtanos as rúas. Unha rúa de dous sentidos pasa a ser dun único carril pola invasión de coches a ambos lados. Da igual que lles digas algo, porque se rín”, aclara Inma.

“Os problemas son todas as tardes de martes a venres que son os adestramentos, e os fins de semana xa se multiplica porque son os partidos. O Concello, despois de moitos meses, conseguimos que poñan unhas sinais de prohibido agás residentes, pero claro, sen haber presenza dalgunha autoridade nesas horas máis conflictivas, pois esos sinais non se respetan”, denuncia a veciña.

Conta que acudiron ao Concello para solicitar axuda pero non obtiveron máis resposta que o recoñecemento de que “si hai un problema alí co tráfico”, pero que seguen sen facer nada. “A policía local non pisa a zona, e menos de tarde porque xa non están, sentímonos abandoados”, comenta Inma.

A Policía Local defende que se instalaron unhas sinais de prohibido agás residentes fai unhas semanas e que si continúa este problema falarán co C.D. Allariz.

Te puede interesar