A vellez poñerase en valor en Allariz con dous obradoiros

FOTO DE ARCHIVO DUNHA FORMACIÓN DO SAF CO INSTITUTO INCISEX NO 2020
photo_camera FOTO DE ARQUIVO DUNHA FORMACIÓN DO SAF CO INSTITUTO INCISEX NO 2020
Os obradoiros serán impartidos por Almudena Herranz Roldán, docente do instituto de sexoloxía Incisex, e as prazas serán limitadas.

O Instituto de Sexoloxía Incisex organizará en Allariz dous obradoiros encamiñados a poñer en valor a vellez e a fomentar a autonomía entre as persoas maiores. 

O primeiro deles terá lugar o xoves día 3 de febreiro entre as 18,30 horas e as 20,30 horas no Fogar dos Maiores de Allariz. “Poñer en valor a vellez. Promovendo os coidados e a autonomía” é o titulo da primeira das iniciativas pensada especialmente para as auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar e para aquelas persoas que se adiquen, en xeral, ao sector dos coidados. Neste xornada promoverase unha reflexión sobre o xeito que hai de achegarse ás persoas maiores e sobre as consecuencias que isto ten nas relacións de coidados. 

Por outro lado, a segunda formación ofertada será o venres 4 de febreiro entre as 16,00 horas e as 18,00 horas no mesmo espazo: o Fogar dos Maiores de Allariz. Neste caso a iniciativa denominarase “A que tivo, retivo! Mulleres e vellez” e estará pensada para as mulleres do proxecto Doulas Sororas, así como para as mulleres das asociacións veciñais dos núcleos rurais de Allariz. Tamén poderán asistir persoas que estean interesadas na materia. 

Os obradoiros serán impartidos por Almudena Herranz Roldán, docente do instituto de sexoloxía Incisex, e as prazas serán limitadas. Neste senso, o prazo de inscrición para os obradoiros rematará o vindeiro venres 28 de xaneiro - pódese remitir un correo a [email protected] ou chamar ao 988 554 059-.

Te puede interesar