Allariz reciclou 34.000 prendas de roupa en seis meses

Colector de reciclaxe de roupa en Allariz (1)
photo_camera Conxunto de contedores xunto a unha mensaxe a prol da reciclaxe en Allariz.
No Concello de Allariz apuntan a un “beneficio social” derivado desta xestión, dado que permite “a creación de emprego verde” e a “financiación de proxectos sociais”.

Segundo datos de “Humana Fundación Pueblo para Pueblo”, entidade que se encarga da recollida, reparto e procesamento da roupa que se leva aos contedores de Allariz; a vila incrementou, durante o primeiro semestre de 2021, a reciclaxe neste senso nun 31 por cento con respecto ao mesmo periodo do pasado ano. En kilogramos, durante os seis primeiros meses deste ano, a organización recuperou, a través dos cinco depósitos habilitados na vila alaricana, un total de 7.665 kilos de textil -en total e tal e como precisaron dende o Consistorio, daráselles unha segunda vida a 34.000 prendas de roupa-. Sen embargo, durante o primeiro semestre de 2020, a recollida quedou en 5.835 kilogramos. 

No Concello de Allariz apuntan a un “beneficio social” derivado desta xestión, dado que permite “a creación de emprego verde” e a “financiación de proxectos sociais”. Ademais, tamén ten como resultado un beneficio ambiental, que vén da man da reducción de residuos e de evitar que estes acaben no vertedoiro. A recuperación de residuo téxtil que se leva feito nas derradeiras campañas en Allariz evitou, segundo fontes municipais, a emisión de 24 toneladas de CO2 á atmosfera. 

A recilaxe de textiles na vila alaricana reforza o traballo que, dende a área de Medio Ambiente do Concello de Allariz, se realiza en materia de reciclaxe a través do Servizo RE. Os programas e campañas que fomentan o coidado do medio, así como unha boa reciclaxe tanto na separación dos residuos como no proceso de compostaxe, seguirán sendo obxectivos prioritarios para o Goberno para que Allariz  “continúe sendo un referente nesta materia grazas a colaboración da veciñanza”, din no Concello.

Te puede interesar