Xunqueira de Ambía converte unha casa cuartel nun espazo social

Xunqueira de Ambia, 05.07.21.- A Conselleira de Politica Social, Fabiola Garcia, acompañada  do alcalde, Jose Luis Gavilanes, e do vicepresidente da Deputacion de Ourense, Rosendo Fernandez, visitou o novo centro sociocomunitario do municipio.
photo_camera A Conselleira de Politica Social, Fabiola Garcia, acompañada do alcalde, Jose Luis Gavilanes, e do vicepresidente da Deputacion de Ourense, Rosendo Fernandez, visitou o novo centro sociocomunitario do municipio.
A vivenda comunitaria xa abriu as súas portas e o centro sociocomunitario fará o mesmo logo da chegada do mobiliario. 

A antiga casa cuartel de Xunqueira de Ambía destinarase a partir destes momentos a fins sociais, concretamente, a vella infraestrutura foi remodelada grazas á cooperación entre administracións para albergar unha vivenda e centro sociocomunitario. 

Na liña de favorecer os servizos de atención social nesta localidade, a Consellería de Política Social, a Deputación de Ourense e o propio Concello colaboraron nun proxecto que se fixo realidade recentemente e se completará, a falta da chegada do mobiliario, coa posta en marcha do centro sociocomunitario. Pola contra, a vivenda comunitaria xa abriu as súas portas e conta con oito usuarios. 

Este luns visitaron todos estes servizos a conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do alcalde do municipio, José Luis Gavilanes Losada

García sinalou que un dos obxectivos do Goberno galego é “modernizar e adaptar os servizos das zonas rurais ás novas necesidades da súa poboación”. Neste sentido, apuntou que esta actuación permitiu rehabilitar a antiga casa cuartel deste municipio, que se atopaba en desuso, e darlle unha triple función que proporcione aos cidadáns de Xunqueira de Ambía mellores servizos -o Goberno Galego achegou para esta finalidade máis de 200.000 euros-.  A conselleira remarcou que esta actuación foi posible grazas á colaboración institucional entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello. “Este Concello demostrou compartir co Goberno galego o seu obxectivo de darlle aos nosos maiores os mellores servizos posibles”, afirmou.  

Por último, a titular de Política Social aproveitou a súa visita ao concello de Xunqueira de Ambía para achegarse á escola infantil que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten neste municipio.

Te puede interesar