A Asociación Arraianos honra ao escritor luso Bento da Cruz

A Asociación Arraianos celebrará hoxe no concello de Entrimo o nombramiento oficial do escritor e médico luso Bento Gonçalves da Cruz como 'Arraiano Maior da Raia Seca 2011'. A asociación cultural organizou un completo programa onde os vecinos de ambos lados da 'raia' poderán disfrutar de actividades turísticas, culturales e de natureza.
A entidade promotora e difusora da identidade e territorio arraiano, instauró no ano 2009 este recoñecemento co obxectivo de distinguir a persoeiros que traballen nesa línea de defensa da cultura e etnografía da 'raia seca'. O encontro está previsto para as dez da mañá (hora local), ca lectura do manifesto arraiano, a visita a igrexa de Santa María a Real (Terrachán) e posterior degustación de doces na Alameda, onde haberá música e lectura de poemas. O resto da mañá, os presentes adicaránse a visitar As Cortes da Carballeira e a Casa da Moura dentro dunha ruta de sendeirismo polo Parque do Xurés.

Tralo xantar popular, nun establecemento da capitalidade, os presentes visitarán o museo da vila que conta cunha exposición de artistas locales e, ás 18,00 horas, subirán ao Pedreiriño para celebrar o acto de nomeamento de Bento da Cruz como 'Arraiano Maior' da man do homenaxeado no 2010, Padre Fontes.

Te puede interesar