BAIXA LIMIA

Bande terá a fonte do Vieiro lista para este verán

<p></p>
photo_camera Imaxe dos traballos que se están a facer na emblemática fonte.

Estanse facendo tarefas de limpez para mellorar un punto de alta afluencia de visitas

Varios traballos de mantemento permitirán poñer a fonte do Alto do Vieiro a punto para o verán. Deste xeito, o Concello está a realizar diferentes actuacións de limpeza e acondicionamento, centradas tanto na limpeza da zona próxima á fonte como de conservación da propia infraestructura.

Así o confirma o alcalde da localidade, José Antonio Armada. "Estamos acondicionando o entorno con traballos de desbroce, así como de limpeza das pedras e do chan", explica, posto que "a fonte non dá ningún problema". A fonte do Alto do Vieiro constitúe un punto frecuentado cada día por un alto número de visitantes, especialmente nas fins de semana ou días festivos. Son moitos os que paran a repoñer forzas tanto en traxectos pequenos como en viaxes longas ó tratarse dunha fonte situada a pé da estrada nacional OU-540, unha das principais vías empregadas para enlazar a capital da provincia con Portugal.

É a calidade da auga que sae do tronco da árbore que preside o entorno o que converte o Alto do Vieiro en parada case obrigatoria para cantos pasan por alí, ademais de contar con varias rutas de sendeirismo próximas, que atraen tanto a viandantes como a ciclistas. 

Te puede interesar