baixa limia

Lobios pon en marcha un plan de defensa contra incendios

José González e Carmen Yáñez.
photo_camera José González e Carmen Yáñez.

Na xuntanza analizáronse as necesidades do concello en canto ás infraestruturas preventivas, enfocadas á defensa de incendios procedentes de Portugal

A Xunta e o Concello de Lobios colaborarán na posta en marcha dunha iniciativa pioneira en Galicia para mellorar a implicación veciñal na defensa e prevención fronte aos incendios forestais. 

Trátase de fomentar o seu papel activo nesta materia mediante a súa colaboración en eidos como a vixilancia, así como a súa aprendizaxe diante deste tipo de situacións, mediante a realización de cursos de formación específicos.

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, para avanzar neste proxecto, que tería inicialmente un carácter experimental, para avaliar a súa eficacia e considerar logo a posibilidade de trasladalo a outros municipios galegos. Na xuntanza analizáronse ademais as necesidades deste concello no que atinxe ás infraestruturas preventivas, especialmente enfocadas á defensa de incendios procedentes de Portugal.

Te puede interesar