O Ministerio de Agricultura destina un millón de euros ó encoro das Conchas

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (Magrama) investirá máis dun millón de euros para continuar os traballos iniciados en 2012 de mellora do encoro das Conchas e o seu ámbito, e contribuirá a darlle valor á zona con criterios ambientais e con respecto ao patrimonio ambiental no que se enmarcan.


O Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, formalizou este mércores un convenio de colaboración cos concellos de Muiños e Bande (Ourense), para o financiamento e execución das obras de mellora da calidade das augas e recuperación ambiental do ámbito do encoro das Conchas.

Así o explicou nun comunicado no que subliñou que a estas actividades lle suma a formalización da encomenda de xestión para a entrega, mantemento e conservación desta actuación aos concellos.

O convenio foi asinado polo presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín, e polos alcaldes de Bande, José Antonio Armada, e Muiños, Prácido Álvarez, respectivamente.

O acto tamén estivo presidido polo delegado do Goberno de Galicia, Samuel Juárez, e contou coa asistencia do presidente da Deputación, Manuel Baltar, do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, do delegado territorial da Xunta na provincia, Rogelio Martínez e membros da Corporación municipal.

Esta actuación está incluída no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (Feder), que a Confederación deseñou dentro do período 2007-2013, e que contan coa participación e apoio local das poboacións implicadas.


PROXECTO 'LIFE+'

'Life Rexenera Limia', é a candidatura, fundamentada na colaboración público-privada, presentada ao proxecto europeo 'LIFE+', destinado a aplicar unha serie de técnicas innovadoras que reducirían a presenza de nutrientes, fundamentalmente de orixe gandeira, nas masas de auga da bisbarra.

Así mesmo, licitáronse as obras do 'Proxecto de actuacións do Dominio Público Hidraúlico e da capacidade de desaugadoiro do río Limia ao seu paso polo tramo urbano de Xinzo de Limia', como medidas complementarias para o beneficio da poboación.

Te puede interesar