Un monólito lembra aos doce asasinados en 1936 en Lobeira

O acto de confraternización contou coa participación de familiares das vítimas

Unha escultura en pedra que asemella un menhir lembra, dende onte, ás vítimas do fascismo en Lobeira. O Comité pola Memoria Histórica do Val da Limia inaugurou, coa participación de compañeiros de diferentes concellos da bisbarra e o resto de Ourense, o monólito que recolle os nomes das 12 persoas que foron asasinadas en Lobeira. “Hoxe o ‘Pozo do Inferno’ pasará de ser un lugar da infamia, a ser un lugar da memoria antifascista”, subliñaban dende o comité antes do acto celebrado no quilómetro 57.9 do tramo antigo da estrada OU-540 que une Ourense coa fronteira portuguesa.

O acto de confraternización contou coa participación de familiares das vítimas, así como representantes dos diferentes comités e asociacións de loita contra o fascismo e a recuperación da memoria histórica da provincia. A música dos Rampeiros puxo o broche final a xornada dominical.

Te puede interesar