A muller centra as charlas da Festa da Caza do Xurés

Tania Núñez, José Manuel González e Leti Hunt, nas ponencias en Lobios.
photo_camera Tania Núñez, José Manuel González e Leti Hunt, nas ponencias en Lobios.
A Asociación Xurestec organizou esta cita formativa e gastronómica

Lobios converteuse este fin de semana no epicentro da caza. Como cada ano, a Asociación de Técores do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xures, Xurestec, organizou a novena edición da Festa da Caza do Xurés, na que a muller protagonizou as ponencias de onte e a gastronomía triunfou entre os participantes. 

A xornada formativa dominical celebrouse no hotel balneario Lobios-Caldaria en Riocaldo e nesta cita os participantes coñeceron o papel da muller no mundo da caza, da man de cazadora Tania Núñez. Unha figura minoritaria que co paso dos anos vai collendo forza neste sector. Tras esta ponencia foi a quenda de Elisa Amado, outra cazadora que puxo o foco na caza acompañada dos cans. As charlas formativas remataron con Leticia Piedra, coñecida como Leti Hunti, falando sobre os colares localizadores GPS, tanto na caza maior como na caza menor. 

Cita fronteriza

E tras esta parte máis formativa foi a quenda da xornada gastronómica celebrada no restaurante Vía Nova do propio hotel balneario. Os participantes da Festa da Caza puideron degustar diferentes tipos de carne, como a de lebre, cervo, corzo ou coello, preparados con diferentes maridaxes.  

Así culminou a IX Festa transfronteiriza da Caza do Xurés, tras un fin de semana cheo de actividade. O sábado, esta cita anual trasladouse a Castro Leboreiro (Portugal) para amosar a confraternización entre veciños fronteirizos e amantes da caza. Unhas xornadas moi nutritivas para os cazadores galegos e portugueses, centrados na introdución a este mundo e no consumo de carne de caza en humanos, entre outros asuntos.

Te puede interesar