Baixa Limia

Asunción, Maruxa, Lola, Pepi e Conchi, a memoria das mulleres do rural

Baixa Limia

Asunción, Maruxa, Lola, Pepi e Conchi, a memoria das mulleres do rural

Unha das imaxes da iniciativa  #BibliotecasVivas
photo_camera Unha das imaxes da iniciativa #BibliotecasVivas

A exposición #BibliotecasVivas, protagonizada por cinco veciñas de Muiños, busca reivindicar a figura da muller no rural galego 

A asociación Sustinea e o Concello de Muiños veñen de lanzar a exposición online #BibliotecasVivas, un proxecto que busca recuperar e protexer a memoria das mulleres maiores do rural galego co obxectivo de reivindicar e visibilizar a figura da muller.

A colección está conformada polas vivencias de cinco veciñas de Muiños. Asunción, Maruxa, Lola, Pepi e Conchi son as protagonistas de #BibliotecasVivas, cuxos relatos foron recopilados pola traballadora social Marta Pernas. A fotógrafa Sara Garchi foi a encargada de retratar ás mulleres.

Lola 2

A exposición pode visitarse a través das redes sociais de Sustinea (@sustineasostible), tanto en Instagram como Facebook.

Conchi(1)

Más en Baixa Limia