1922, o millor de 'los alegres años veinte'

Neste ano inaugúrase o Tribunal de La Haya, créase a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, José Stalin é nomeado secretario xeral do Partido Comunista da URSS; os británicos meten na cadea o Mahatma (Alma Grande) Gandhi e Abdelkrim pide catro millóns de pesetas por ceibar presos españois, e o mesmo tempo a Facenda Pública presentaba un déficit de 1.410 millóns de pesetas.
É o ano en que a radio comercial da os seus primeiros pasos, comenza a muller a emanciparse, poñendo de moda o pelo corto, o fumar e, timidamente, a enseñar as pernas; a revista 'Lecturas', no seu apoxeo; deixa a carreira de bialarín de cabaret pola de actor de cine Rodolfo Valentino, descúbrese a tumba de Tutankamon, triunfa o jazz en EE.UU. e o Fox-trot en París; gaña a volta ciclista a Francia o belga Lambot, fúndase o Club Hércules de Alicante e a Unió Esportiva de Lleida, e nace o primeiro circuito italiano de Monza.

Neste ano morren o exemperador de Austria Carlos I, A. Graham Bell e o célebre escritor Marcel Proust. Nacen Judy Garland, Vittorio Gassman, Chumy-Chúmez, José Luis López Vázquez e o político e escritor Manuel Fraga Iribarne. É nomeado arzobispo de Valencia Leopoldo Eijo Garay e tamén noméase doctor honoris causa por a Universidade de Madrid a Santiago Ramón y Cajal, e a de Salamanca faino con Santa Teresa de Jesús, Jacinto Benavente alcanza o premio Nobel de Literatura e nacen niste ano en España 342.668 homes e 313.425 mulleres.

Dos 365 días do ano, destaca en Galicia o día 17 de decembro que, dende o ano 1483, sentencian a morte en garrote a don Pedro Pardo de Cela, mariscal e señor de A Frouxeira, no do 1504 autorízase a creación da Universidade de Santiago mediante Bula do Papa Julio II e no do 1879 morre en Madrid o poeta galego e inxenieiro de minas Ramón Rúa Figueroa.

En canto ao 17 de decembro do 1922, naquela mañá de domingo casábase na igrexa da Trinidade o experto en arte e Heráldica José González Paz, máis coñecido por o alcume de 'Pepe do Fernando' e tamén, hora enriba hora embaixo de esa mañá, na rúa do Progreso, a escasos cen metros da Burga, o lado da tasca do 'Biriscas', e frente onde hoxe están as Josefinas, e seu colexio, pra máis honra de este ano, viña a esta Nación galega este sinxelo servidor de vostedes, que cumple ahora noventa anos con un solo mérito 'non esquecer e seguir sendo un ourensán da cabeza ós pés'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director