carta para secundino

Lembrando a Secun. Quero escribirche esta carta dende o mar e que chegue á montaña. Ti, como portador de grandes valores, ético, intelixente, culto, ¡dúas carreiras!, cercano, loitador pola verdade. Interesado polos problemas dos máis humildes, dos labregos, por Viana, aíndaque non sexamos nacidos alí. En resumo: ¡Boa persoa! Ti, portavoz do Bloque.
Xa pasado o Antroido, con tempo blanco, xente, comparsas, folións, boteiros, comilona. A Festa da Androlla, embutido típico, segue a celebrarse, pero xa non é o que foi. Folións, vestimentas improvisadas.

O Entroido máis enxebre, o máis conservador, foi tamén en tempos prohibido, era o que armaban os do Cabo da Vila co seu inigualable 'Enterro da Sardiña', sempre parabens para os do Casco Histórico.

Sería moi longo falar dos Carnavales destas terras. Eu, que estou dacordo en todo contigo, vouche a decir que nalgunha cousiña non. No dos 'colgaxos', non. Lévanse dado a xentes que nada fixeron por esa bisbarra. Cada quén debe cumprir coas súas obrigas, por deber, por querer, por xenerosidade, non lamber o cú o alcalde de turno, aos seus achegados.

Outra cousa que tampouco me pareceu correcta, anque sexa 'protocolaria', que a veterinaria da Xunta, despois de tantos anos na vila, non tivo por parte do Concello unha despedida, nin unha comida de amigos. Emilia Novoa Quesada, non te esquecemos e desexámosche moitos éxitos no Barco, na bonita Casa Grande de Viloira. Que sigas axudando ós campesiños coa misma sinxeleza, agarimo e bo facer que te caracteriza, como na contorna vianesa.

Te puede interesar
Más en Cartas al director