CAZANDO RATOS

Los políticos son como el cine de barrio, primero te hacen entrar, y después te cambian el programa' (Jardiel Poncela)
Veño de ler as declaracións feitas polo novo secretario xeral dos pesoistas galegos, o Sr. Gómez Besteiro, a Infolibre. Segundo dí non vái traballar pra esquerda nin pra direita. Logo, non se considera ideoloxicamente identificado con ningunha das devanditas correntes políticas. De súpeto, lembréi a resposta co exmandatario mexicano, Luis Echeverría, a un xornalista cando lle preguntara se se tiña por un político da esquerda ou da direita: 'No soy de izquierdas, ni de derechas, si no todo lo contrario.' Misterios que agocha un político. Ter carnet de partido é visa pra conquerir ambicións.

Chegar ao cumio. Poderen gobernar. Coma diría, o seu colega, Felipe González, 'lonxe do poder, fái moito frío'. Ven, tamén, a xeito lembrar cando o Sr. González fixo sua a frase do político chinés Den Xiaoping: 'Non importa de que cor sexa o gato, o importante é que cace ratos'. Confeso que os gatos, que teño coñecidos, non estaban pola laboura de cacería algunha. Sedentarios, coma mín, comestos polo consumismo que abafa dende as pantallas televisivas, esixían preparados de marca (Whiskas, Brekkies, Friskies, e outros máis compostos). As correrías cinexéticas dun felino tralo roedor constrixense, agora, a un debuxo animado de Tom e Jerry. Admito a miña espesura mental cando oio falar a un político. Falóu de facer unha oposición distinta das outras formacións políticas chamadas de esquerdas no Parlamento Galego. Se entende por maioría social a aquela representada polas urnas, e mensaxe encamiñase a bancada popular. Se fala doutra maioría social, cal é? A xente desecantada dos políticos? Non é o seu partido un dos responsables do devandito desencanto?

Pra rematar o seu panaché de verduras, volve a filosofía felipista: 'pra recuperalas posicións, temos que recuperala utlidad'. Ou sexa, escalar, sen miramento ideolóxico algún. Cazar ratos. Ter sesada gatuna. Jardiel Poncela chegóu a dicir: 'El que no se atreve a ser inteligente, se hace político.

Te puede interesar
Más en Cartas al director