'Chapeau' ós estudanets do IES de Celanova

O pasado venres, 7 de maio, a vila de Celanova viviu un dos acontecementos máis destacables nos últimos anos. Os estudantes do IES de Celanova, dun xeito pacífico e respectuoso, manifestáronse na Praza Maior da vila en protesta polo que eles cren incorrecto, o traslado do seu centro escolar.
Os que escribimos estas verbas non temos máis que darlle o noso incondicional apoio a ditos rapaces, xa que o seu acto parécenos totalmente correcto, e máis pensando que a eses mesmos rapaces táchaselles de pasotas e conformistas.
Dende logo ¡olé!, ¡olé! e ¡olé! por eses mozos que nunha vila tan pasiva como a nosa conseguiron espertar a súa conciencia crítica e demostrarlle aos veciños de Celanova que eles tamén saben pensar por si mesmos.
Reaccións como estas, e o indispensable apoio dos máis novos, son o único motor posible de cambio nesta vila. Por iso, para rematar, volvemos a reiterar o noso respaldo a acción dos estudantes xa que consideramos que a súa actitude está totalmente xustificada, e en realidade, o que nos está xustificado son as críticas e o tratamento que estes están a recibir.

Te puede interesar
Más en Cartas al director