DESATENCIÓN ÓS DESEMPREGADOS

O servizo de Orientación Laboral do Servizo Público de Emprego de Galicia verase reducido aos mínimos ou desaparecerá en algunhas oficinas de emprego, xa que os funcionarios interinos contratados para ditas funcións dende o ano 2008 rematarán a partir do 31 de decembro. Os seus soldos dependían dos PXE e para o 2013 desapareceron. A Xunta de Galicia que tería que asumir ditos soldos non se pronunciou a día de hoxe.
Pola forma de actuar non hai intención de facelo e como sempre o pagan os máis desfavorecidos nestes momentos: os desempregados. Non soio lles recortan nas prestacións por desemprego se non que tamén os deixan desatendidos totalmente. E verdade que non son os que xeneran emprego (esos son as empresas e a administración pública) pero son os que axudan a miles de galegos que viven a situación do paro e non saben como afrontar a nova realidade negativa que lles toca vivir.

Son unha pequena luz para moitos nestes momentos de oscuridade. Axudan aos desempregados na súa reinserción laboral a ser mellores traballadores formándose, e a topar ofertas de traballo según a realidade de cada un. Unha atención persoal e individualizada que desaparecerá.

Te puede interesar
Más en Cartas al director