A LÍRICA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA

Cando os reis se chamaban 'de Galicia' e a nosa lingua era a lingua culta e de prestixio social, xurdiu a poesía lírica trobadoresca, que alcanzou o seu explendor no século XIII e na que destacaron Mendiño, Martín Codax, Joán de Cangas, Joán Zorrro, Joán Arias, Pero Meogo, Don Denís I (rei de Portugal)...
Xeralmente é unha poesía de tipo amoroso (cantigas de amor e cantigas de amigo) ou satírico, pero tamén de temática relixiosa como as Cantigas de Santa María de Afonso X 'o Sabio'. Compoñíana os trobadores e cantábana os xograres, aínda que tamén había xograres que exercían ao mesmo tempo como trobadores. Conserváronse varios cancioneiros que están en Lisboa e no Vaticano.

Amancio Prada canta e pon música, maxistralmente, a algunhas destas cantigas, que paga a pena escoitar. Ondas do mar de Vigo, / se vistes meu amigo? / e ai Deus se verrá cedo? En 1980 adicouselle o Día das Letras Galegas a Afonso X 'o Sabio', e en 1998 aos trobadores medievais da ría de Vigo.

Tras este pasado glorioso da nosa literatura, o poder real desprázase a Castela e veñen os Séculos Escuros, nos que só as clases populares iletradas manteñen vivo o noso idioma e a nosa cultura.

Te puede interesar
Más en Cartas al director