MEDIOCRES E COVARDES

Ámbalas dúas palabras reflicten perfectamente os estigmas dos que este país segue sendo incapaz de desprenderse. E consultadas as definicións dos dicionarios da Real Academia Española e da Real Academia Galega, as descricións non poden ser máis precisas.
A calquera nivel no que te desenvolvas a mediocridade é algo palpable. E levado isto a niveis de política, xa pouco honrado queda por onde agarrar. Os supostos líderes que deberían ser espello de integridade e coherencia, son os principais causantes de que este xoguete chamado España estea o escacharrado que está. Empurrando con ese quefacer a un amplo colectivo de grupos sociais que deron por institucionalizadas as mesmas maneiras de actuar.

Aconteceu o fatídico accidente do Alvia e, dende o meu máis absoluto e profundo respecto cara a todas as vítimas, unha vez máis, a sensación, é de que estas foron tratadas como papeletas que dan e quitan gobernos. Nada novo. Tristemente. Tendo tamén presente o tema vasco e outras desgrazas aínda frescas. No parlamento gardan minutos e minutos de silencio, poñen cara de circunstancia (vai no requisito), e a continuación os falecidos son lanzados de mesa en mesa ata acabar con eles intencionadamente esquecidos dentro do rocho oficial disposto para estas situacións. Entendendo este xeito de proceder propio dun pobo de covardes. Porque todo o outro escrito é inherente á covardía, onde cada quen escapa, foxe, tira para onde máis lle convén ou mira para outro lado, sen asumir nin a máis mínima responsabilidade, aínda que as súas pegadas figuren no lugar dos feitos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director