Meu amigo don josé

n n nPoño a Deus por testigo, que escrebo iste obituario con sentimento de grande pesar. Coñecín a don José Álvarez Arias recén chegado de Salamanca e nomeado coedxutor se Santa Eufemia la Real del Centro, da que eu era presidente da Xuventude de Acción Católica. Don Amando asiñoulle o ser consiliario dos xóvenes, e fixemos unha moi grande amizade.
Anos más tarde a amizade foi medrando, xa que logo, asiñoulle don Amando a nova parroquia do Sagrado Corazón, inda sen templo (a misa dos domingos celebrámola nun baixo ao lado da miña casa). Ao rematar a Eucaristía, don José viña desaiunar, invitado polo meu bó pai, e ao remate acompañábao polo barrio a saudar ás xentes, falar con elas, crear amizade... Lembro que un domingo na homilia don José -que predicaba que era unha ledicia, pouco tempo e marabillosamente ben- dixo, entre outras cousas, que todos teríamos que dar conta a Deus do noso paso por iste mundo: 'Ata Franco terá que facelo...', rematou. Logo no paseo matinal e de desaiunar na miña casa, comentoume: 'Manolo, ¿como coidas que caería na xente o que dixen de Franco?'. Eu opineille: 'Mire don José. Depende, a uns ben e a outros non tanto'. E morreu o conto.

Regalou a recén creada parroquia a casulla da súa primeira misa. Asemade de predicar ben, de ser un bó crego (sumiso diocesano do Opus Dei) tiña don de xentes, e non perdoaba o te das cinco coas xentes da burguesía ourensá. Tivemos un 'mano a mano', nestas queridas páxinas de La Región cando fixeron santo ao Escrivá de Balaguer, Marqués de Peralta (título que mercou), il defendo a santatidade do fundador do Opus, eu levándolle a contraria. Mais a amizade seguiu ata sempre. Ata que xa na súa casa de Cardenal Quevedo, eu chamábao por teléfono pra me interesar pola súa saúde. Charlabamos un ratiño con moito afecto.

Agora que foi pra Casa do Pai, quero deixar eiquí o meu sentimento por don José Álvarez Arias: un grande amigo, un bó crego diocesano, a pesares do seu compromiso opusdístico, e unha belísima persoa.

Te puede interesar
Más en Cartas al director