NAZI-NALISTAS, NACIONALISTAS e PROVOCADORES

Nazi-nalista, palabra nova para ser recollida polos dicionarios. Define a patriotas dun país inexistente, creados pola artificialidade de políticos-militares, que convirten por conveniencia e pola forza nun mesmo 'país' a diversas extensións xeograficas de terreno, povoadas con xentes de culturas e idiomas diferentes, para poder saquear legalmente as súas riquezas. Modernamente na España chaman solidaridade o feito de roubar sin dar nada a cambio, é o caso da Galiza, Euzkadi e Catalunya.
Esta confusión de matices crea nos habitantes que envexan as terras dos outros un sentido da propiedade das terras que nunca tiveron. Este interés colonial tamén produce na xente destes póvos sen estado unha forza natural continua, considerable, lóxica e honesta para a defensa do propio, definida como nacio-nalismo.

Vexan pois as diferenzas entre nazi-nalistas e nacio-nalistas. Non se parecen en nada. Uns actúan coa sinrazón apropiándose do que non é deles, e os outros sin comelo nen bebelo, dan a vida xenerosamente para defendelo propio. Mentres, os provocadores promotores de esta situación, acósannos a todos para que lles votemos e legalizar o que buscan. Vamos a reflexionar partindo destas catro definicións:

Povo: Conxunto de masa humana, mesturada con provocadores, defensores e outros.

Masa humana: É a que permite cos votos 'manipulados' legalizar ós provocadores que nos permitirán vivir o son que toquen.

Nazi-nalistas: Persoas ou 'instrumentos' sen capacidades propias, que poden cometer barbaridade si lle lo piden os amos provocadores.

Nacio-nalistas: Persoas con orixe, tradicións, sentimentos e cultura popular. Ligados a terras milerarias propias en armonía coa natureza.

Finalmente, como todo o mundo ten razón, as razóns son confusas é a historia repitese, teremos que preguntarnos: ¿Valerá a pena facer país, porque os provocadores sempre saen millor parados? ¿Haverá que aillalos ou deixalos? ¿Ou será que realmente os provocadores son unha divisón activa maioritaria da Masa Humana, que fai mover a roda da desfeita con miles de anos facendo o mesmo? Xa non entendo nada. ¿Qué somos? A conclusión é que somos a gran mayoría, ¡a masa humana! Unha peste para o planeta.

Te puede interesar
Más en Cartas al director