'pai eterno' e excursión a viana

Viana, vila fresquiña. O domingo tivo unha temperatura moi agradable. Celebrouse con todo esplendor a Función do Pai Eterno no pobo de Oumoso. Moita devoción, moitísima xente, moitos 'ofrecidos'. Moita alegría.
Viana, este mesmo día foi visitada por moitas persoas de Ourense, 'liceistas'. O frente dela, o nunca esquecido don Miguel Ángel, canónigo da Catedral, gran coñecedor de todo o que cheire a arte, a cultura. Como membro do Patrimonio, esperamos que o Torreón do reloxio cambie o cemento blanco e volva a ser como era, como lle corresponde.

¿Para que falar do 'cintado' da torre da homenaxe?, arredores e demáis, como o guía local.

A visita a eirexa, capela da Soledad, moi instructiva. ¡Moi ben Miguel Anxo! Todas as persoas visitantes, encantadoras. Desexamos que vos gustase o que vístedes e repitades, con máis calma, a visita.

Cos mellores anceios para todos e unha aperta especial, para Moncho, sempre tenro e boa persoa.

E QUE 'VOS ESPERAMOS'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director